A Concellería de Deportes de Moaña que dirixe Dolores Chapela acaba de informar de que por motivos meteorolóxicos suspéndese a Gala do Deporte 2021 que estaba prevista para este venres 23 de xullo no palco da música coa finalidade de facer un recoñecemento oficial e premiar a todas aqueles estamentos deportivos que máis destacaron no pasado ano.
A nova cita para a súa celebración será o próximo 11 de setembro no palco da música.