Se hai só 24 horas o número de casos activos en Moaña era de 71 no día de hoxe a Xunta de Galicia marca a cifra en 86, 15 máis nun día. Así o publica na súa web específica da incidencia do Covid-19 nos concellos de Galicia.
Moaña é, neste momento, o segundo municipio da comarca do Morrazo despois de Marín (163) con maior número de casos de coronavirus. Séguenlle Bueu con 63, Cangas con 52 e Vilaboa con 7.