Concentración en recordo a Cándida.

Decenas de persoas concéntranse ás portas do Concello para lembrar a Cándida Soaje, a veciña de 72 anos que foi brutalmente asasinada no interior da súa vivenda e cuxo corpo foi atopado sen vida polo seu fillo na tarde do sábado. A alcaldesa, Leticia Santos, como portavoz, foi a encargada de honrar coa palabra á septuaxenaria e de condenar o ocorrido.

Na concentración estiveron representados todos os grupos políticos que compoñen a corporación local e veciños de Moaña, fundamentalmente da parroquia de Tirán onde vivía Cándida.

Pero esta non foi o único acto de repulsa celebrado esta tarde en Moaña. Dúas horas máis tarde tamén levou a cabo outra concentración contra o crime do mozo Samuel, morto na Coruña pola malleira de varias persoas en plena rúa. Esta vez si, a choiva deu un respiro e puido celebrarse sobre o xardín, onde acudiron moitos mozos da localidade concienciados do respecto á liberdade para amar, á diversidade e contra a homofobia.

Concentración contra a homofobia e a favor da liberdade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *