Alumnos dun obradoiro do Patronato de Beiramar traballando no taller.

O pasado 1 de xullo recibiuse no Padroado Municipal Beiramar de Moaña a resolución de concesión de subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para a posta en marcha do obradoiro de emprego Moaña Moza II. Neste obradoiro de emprego, de 12 meses de duración, participarán 16 persoas menores de 30 anos como alumnado traballador, divididos en dúas especialidades formativas de 8 persoas cada grupo.

O Moaña Moza II contará con o formativo «Tempo Libre Educativo» para 8 alumn@s e impartiranse tres certificados profesionais: Información xuvenil, Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil e Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo.   

O servizo a desenvolver por este alumnado denomínase «Dinamización de actividades infantís e xuvenís» e encargarase, en colaboración cos departamentos de cultura e mocidade, da dinamización das actividades de tempo libre para os nenos e adolescentes do Concello de Moaña. Reforzo de servizos da ludoteca, organización de actividades para a xuventude, obradoiros en colexios (maquillaxe, cómic…), organización de campamentos urbanos de nadal, verán e entroido…

Organización de eventos

Neste grupo formativo de Organización de eventos impartiranse 2 certificados de profesionalidade para oito persoas: Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais e Animación físico deportiva e recreativa.

O servizo a desenvolver por este grupo de alumnos denomínase «Organización e xestión de eventos» e encargaranse en colaboración cos departamentos de cultura, deportes e mocidade, de organizar e xestionar distintos eventos culturais e deportivos para o Concello de Moaña (feiras ecoartesás, festas, festivais, eventos deportivos…). Tamén está previsto ofrecer colaboración ás entidades culturais e deportivas do municipio para o organización dos seus eventos. Trátase dun programa para menores de 30 anos que pretende formar a 16 persoas desempregadas en profesións con futuro.

O proxecto conta co orzamento de 369.492,32 da Consellería Emprego e Igualdade e os 20.805,00da aportación municipal. En total, 390.297,32 euros.

O persoal alumnado traballador terá un contrato de traballo para a formación e percibirá un salario durante os 12 meses do obradoiro.

Durante o mes de xullo o Patronato realizará a selección das 16 persoas que participarán como alumnado. As persoas interesadas deben anotarse na oficina de emprego de Cangas co código de demandantes de obradoiros de emprego.

Tamén se realizará neste mes a selección do persoal directivo e docente responsable do proxecto. Está previsto que o obradoiro se inicie nos primeiros días de agosto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *