A alcaldesa con parte do seu goberno e os técnicos na recepción das obras da rúa Elisa González donde se construirá o centro de saúde.

Farao a través dun pleno tras finalizar o trámite no Rexistro da Propiedade das parcelas que comezou fai xa máis dun ano

O Concello de Moaña xa é o dono da parcela onde o Sergas construirá o novo centro de saúde en Sisalde tras finalizar os trámites administrativos necesarios co Rexistro da Propiedade que comezaron fai xa máis dun ano co fin de rexistrar os terreos e que o consistorio pasase a ser dono de todos eles para, despois, poder entregalos. Unha vez completado este paso, o seguinte debe ser a posta ao dispor dos mesmos á consellería de Sanidade para que comece coas obras do novo edificio sanitario e cumprindo así coa totalidade da súa parte do acordo.

Segundo a alcaldesa, Leticia Santos, que recibiu a nova esta mañá por parte do Rexistro, no mes de xullo convocarase un pleno, ainda que non concreta se será extraordinario, para aprobar esta cesión tan esperada por todos.

A rexidora agradece á Consellería a súa «colaboración» e «coordinación» ao longo desde camiño e recoñece que desde a administración autonómica tamén traballouse en paralelo co Concello para gañar tempo na execución da súa parte do convenio mentres o goberno local remataba os trámites co Rexistro. De feito, a Xunta xa pedira a licenza municipal fai uns meses, para o que o concello aprobou en pleno a bonificación do 95% do imposto do ICIO.

Santos xa informou persoalmente al conselleiro de Sanide, Javier Comisaña, e a RRHH do Segas desta boa nova.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *