O concelleiro de Mocidade de Moaña, Xosé Daniel Costas.

Ideas, optimismo e ilusión é todo o que precisas para achegarte a nova xuntanza do grupo de participación infantil e adolescente o día 10 de agosto as 17:30 na casa da mocidade de Moaña. Organizado pola concellería que dirixe o edil Xosé Daniel Costas, nesta nova sesión aproveitarase para presentar as actividades e acontecementos que se desenvolverán no novo inicio de curso.

Entre elas está a posibilidade de viaxar ao encontro estatal de grupos de participación infantil e xuvenil que se celebrará en Cáceres os días 4, 5 e 6 de novembro, unha fin de semana con mozas e mozos de todo o país onde elaborarán as propostas que se lles trasladarán ao goberno do estado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *