Estado dos vehículos tras o accidente.

Polo menos tres coches víronse implicados nun accidente múltiple ocorrido ás 20:00 horas na PO-551, á altura do número 32, en Domaio. Segundo información oficial, hai tres feridos leves por lategazo cervical provocado polo choque.

Tanto a Garda Civil, encargada do atestado ao contar coa competencia desta vía, como a Policía Local. Os axentes encargáronse do desvío do tráfico pola autovía para aqueles que circulaban dende Vigo ata o Morrazo e por San Bieito en dirección contraria.

Segundo explican dende a Policía Local, dous dos coches viaxaban cara a Moaña e ou segundo tocou por detrás ao primeiro en varias ocasións por descoido. Ao decatarse, decidiu adiantar e impactou co terceiro vehículo de fronte.

Estado dos vehículos tras o accidente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *