Aplicando o tratamento para o picudo a unha palmeira da Alameda.

A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, informou esta semana do tratamento que se leva a cabo cada ano para evitar que a praga do picudo, que
afectou a gran parte da poboación de palmeiras da nosa comunidade nestes últimos anos, faga morrer aos exemplares que actualmente forman parte da nosa superficie arbórea.

Este tratamento integral contra o picudo vermello lévase a cabo en Portocelo, na Alameda, no Parque Eguren e no Parque Azul, onde temos eses exemplares de palmeira canaria.

Dentro do tratamento, lévanse a cabo varios procesos. Por unha banda, a cada exemplar se lle practica a endoterapia, un tratamento de inxeccións no tronco a principios da primaveira. Despois, cando chega o verán aplícase un tratamento fitosanitario de reforzo consistente nunha “ducha química” cunha serie de productos autorizados para as palmáceas.

Finalmente, cando vai entrando o outono, repítese este segundo paseo pero con nematodos, un produto que serve de antíxeno biolóxico contra esta praga.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *