Sanmartín junto con las representantes de las asociaciones que participan en los actos del 8M.

A Semana da Muller, que en Marín vense conmemorando desde o pasado luns, terá mañá o seu día sinalado, o 8 de Marzo, unha data para reivindicar o papel esencial das mulleres na sociedade e o seu protagonismo en determinados sectores que, de forma tradicional, sempre se venderon como masculinos.

O acto institucional será ás 12.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres, onde se lerá a declaración institucional adicada ás mulleres farmacéuticas da nosa vila, que tamén participarán do acto para contar a súa experiencia xestionando as oficinas de farmacia que, polo xeral, antes estaban capitalizadas por homes e que agora, sen embargo, contan cunha ampla presenza feminina en postos de
responsabilidade.

Ademais do acto, durante todo o día, a asociación cultural Céltica realizará unha exposición coral de traballos de pinturas ao óleo de mulleres en distintos bares do municipio: Knobbe-Polymnia, Freixo, Acuña-Almuiña, Royalty, La Huerta de la Abuela, Construmar, Acuña-A Estada, O Rural, Alameda, A Mouta e o Manhattan.

Por outro lado, hoxe xa se comunicou que se adía scape room de igualdade que se organizaba para mañá na Finca de Briz debido ás inclemencias meteorolóxicas. Avisarase en canto haxa unha nova data para a súa realización.

Premio de Emprendemento Feminino

Por outro lado, o próximo 21 de marzo ás 19.30 horas celebrarase a gala do “Premio Emprendemento en Feminino”, unha iniciativa organizada polo Diario de Pontevedra, o Concello de Marín e o Plan Social de Ence para ensalzar proxectos liderados por mulleres que están a ser referentes no seu sector.
Mañá daranse a coñecer as gañadoras das tres categorías (innovación, sostibilidade e emprendemento) e a gala emplazarase na Sede da Autoridade Portuaria de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *