El concelleiro de Facenda, Manuel Santos, trabajando en su despacho.

O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, presentou ante o resto da Corporación o proxecto orzamentaria para este exercicio durante a comisión informativa desta mañá

Un orzamento de 16.342.099,05 euros. Esa será a cifra do proxecto orzamentario para este ano 2024, o que supón cerca dun millón de euros máis ca no ano 2023. Así o expuxo esta mañá o concelleiro de Facenda e tenente alcalde, Manuel Santos, durante a comisión informativa celebrada no Concello.
“Ser realistas co noso Orzamento é fundamental. Xunto cos equipos técnicos do Concello, fixemos un importante traballo de xestión para poder facer fronte a unha realidade que é complicada para os concellos. Os servizos que prestamos cada vez están máis encarecidos, pero queremos seguir prestándoos coa mesma calidade ou máis e iso supón un esforzo de xestión importante”, explicou o
concelleiro.

Con respecto aos ingresos, tal e como vén sendo habitual noutros exercicios, aproximadamente o 52,5% provén tanto das taxas e impostos directos e indirectos do Concello, sendo o resto de 47,5% procedentes da participación nos Tributos do Estado e da Xunta de Galicia.

En canto ao gasto, o destino dos fondos públicos repártese da seguinte forma:
1.- Seguridade cidadá (Policía Local e Protección Civil) e mobilidade urbana: 1.699.213,52 euros (10,41%)
2.- Urbanismo e vías públicas: 1.259.231,80 euros (7,72%)

3.- Servizos de abastecemento, alcantarillado e alumeado público: 2.183.221,96 euros (13,40%)
4.- Limpeza de espazos públicos e xestión de residuos urbanos: 2.405.921,37 euros (14,72%)
5.- Mellora medioambiental e mantemento de parques e xardíns: 850.007,66 euros (5,20%)
6.- Servizos Sociais e Emprego: 1.402.954,05 euros (8,5%)
7.- Educación e Deporte: 1.522.604,8 euros (9,32%)
8.- Cultura e Festas: 1.172.565,55 euros (7,18%)
9.- Turismo e Comercio: 200.695,01 euros (1,23%)
10.- Administración xeral do Concello, Dixitalización e Participación cidadá: 2.949.700,36 euros (18,06%)
11.- Endebedamento: 695.982,97 euros (4,26%)

Sobre as inversións, Santos quixo ser claro. “No orzamento, non temos posibilidade de recoller inversións financiadas ao 100% con fondos propios, porque no gasto corrente, como se pode ver nos bloques anteriores, consumimos todo o noso orzamento”.

Pero iso non significa que non se vaian facer inversións de gran relevancia para a vila. “Un dos nosos eixos de traballo é conseguir financiación para sacar adiante os proxectos que consideramos máis relevantes”, explica Santos, “e por iso temos varios en marcha que se poderán executar coa colaboración doutras administracións”, como pode ser o Centro Sociocultural, actualmente en execución; a humanización de parte de Concepción Arenal e a Rúa da Ponte, tamén recentemente iniciada; a humanización e reordenación do tráfico da beirarrúa pegada aos edificios da Avenida de Ourense, a humanización de Pedreiras de Abaixo ou a execución de todos os proxectos incluidos no Plan de Sostibilidade Turística… entre outros.

O Orzamento levarase ao Pleno da Corproación da próxima semana para a súa aprobación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *