A rúa da Ponte de Marín.

O Concello de Marín convocará unha reunión entre a veciñanza e os comerciantes da Rúa da Ponte para abordar a obra de humanización que se levará a cabo nos próximos meses, dentro do proxecto de humanización que impulsa a Xunta de Galicia, que empeza na Rúa Concepción Arenal.

A reunión, que ten como obxectivo trasladar tanto aos que residen nesta rúa como aos que teñen negocios nela cales son os principais obxectivos e cuestións técnicas da obra, será o luns día 11 ás 20.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Xa previamente, o Concello mantivo unha reunión coa Asociación de Comerciantes Estrela de Marín, pero este encontro pretende ser un espazo no que conflúan as demandas duns e doutros. Desa anterior reunión, saíron propostas por parte do comercio como habilitar a Zona 2H na Rúa Exército e Marina e no aparcadoiro público gratuito de Ponte Zapal.

Agora, o Concello quere escoitar tamén á veciñanza e explicarlles de xeito técnico as bonanzas que terá a obra nesta rúa, que precisa dunha remodelación tanto no que se refire ás beirarrúas como no estado do seu firme e na accesibilidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *