A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, agradeceu ao escritor e a AJE escoller Marín como faro do emprendemento e aproveitou a presentación para adiantar que se está a traballar nunhas bases novas para o Espazo Emprendedor “co obxectivo de darlle máis movemento e abrilo a novos emprendedores”
O escritor Manel Loureiro será o mestre de cerimonias na gala dos Premios AJE que se celebrará este venres ás 20.00 horas na Escola Naval Militar. Ata o Espazo Emprendendor de Innovación Alimentaria se desprazou Loureiro, que foi presentado pola concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, e a presidenta de AJE, María Buceta.
“Desde o minuto un, Manel mostrounos toda a ilusión e compromiso por este proxecto”, asegurou Buceta, que informou de que se recibiron 15 propostas para o premio á Mellor Iniciativa Empresarial e 10 para o Premio Mellor Empresarix do ano.
Loureiro quixo destacar o bonito que é “ser profeta na terra de un” e a relevancia que ten poder levar adiante iniciativas tan interesantes coma esta, “para demostrar ese pull emprendedor que temos na provincia” e prometeu que a gala será “rápida e amena para que todas as persoas que asistan desfruten dunha noite tan especial”.
“Queremos seguir enchendo de emprendemento o EEIA”
Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica quixo destacar que o emprendemento e promover o tecido productivo “é o que fan crecer un municipio”. Destacou a importancia de que o premio honorífico da gala sexa Nodosa, “unha empresa do noso porto que referencia no seu sector”.
Ademais, a concelleira aproveitou a presentación para adiantar que “desde a área
de Promoción Económica estamos traballando para abrir a novos emprendedores
este espazo, para o que revisaremos as bases. Queremos enchelo deste talento do
que estamos falando hoxe, dándolle ás persoas novas, especialmente, a
oportunidade de lanzar o seu soño laboral, con asesoramento e axuda”.