O concelleiro cos veciños da zona.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, reuniuse coa veciñanza beneficiada para explicarlles os requisitos que hai que cumprir para darse de alta no servizo

A dotación de servizos públicos básicos para toda a veciñanza do rural é unha liña de traballo pola que sempre se caracterizou o Goberno local. Neste momento, é o turno do lugar de Ameal, na parroquia do Campo, onde o Concello de Marín está executando a ampliación da rede de abastecemento de agua, para dotar a sete vivendas xa existentes e a unha nova en construción deste servizo.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, realizou unha visita a pé de obra coa veciñanza beneficiada, para explicarlles cales son os requisitos que cada propietario ten que cumprir para darse de alta no servizo.

Os traballos, nos que se están a investir cerca de 28.000 euros, consisten na demolición do pavimento, a excavación e recheo das zanjas e a creación das acometidas e a colocación dos tubos de polietileno a través dos que se dota de abastecemento ás vivendas.

Tal e como explicou o edil, “esta estrada na que estamos actuando é de titularidade municipal e por iso podemos levalo a cabo sen depender doutras adminstracións”. No caso da zona do núcleo que linda coa estrada provincial, adiantou Novas, “tamén prevemos instalar este servizo, pero farémolo coordinados coa Deputación de Pontevedra en canto rematemos coa execución destas obras”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *