O proxecto do pavillón do Sequelo foi readaptado con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra e procederase a buscar financiación para a súa execución
A Xunta de Goberno Local deu luz verde para o inicio do expediente de contratación da obra de mellora enerxética e de confortabilidade do Pavillón da Cañota. Este proxecto, vital para a infraestrutura, a mellorará en tres dimensións: eficiencia enerxética, habilitabilidade e accesibilidade.
A obra realizarase ao abeiro dun convenio coa institución provincial por un importe total de 662.811 euros, aportando a Deputación o 70% (463.968 euros) e o Concello o restante 30% (198.843 euros).
Seguindo esa mesma estela, o Concello conseguiu outra subvención do ente provincial para financiar a readaptación do proxecto similar que se quere levar adiante no pavillón do Sequelo. Esta axuda enmárcase no plan de recuperación, transformación e resiliencia no ámbito do turismo deportivo sostible e foi de cerca de 15.000 euros.