A Alcaldesa e o concelleiro na zona de Malvido.

Renováronse todos os elementos e puxéronse 71 bombillas de tipo LED. Ademais, reforzouse a instalación con 18 novos puntos de luz

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas,
achegáronse esta semana ao lugar de Malvido para comprobar a instalación do
novo alumeado público exterior, unha actuación que supoxo a renovación total de
todo o cableado, ademais da incorporación de 18 novos postes de apoio.

En total, substituíronse 71 luminarias por bombillas LED de baixo consumo, que
redudarán nunha mellora do aforro enerxético e do coidado do medio ambiente.
Tamén é importante destacar que con este proxecto se conseguiu avanzar na
mellora estética da infraestrutura luminaria, algo polo que tamén apostamos
desde o Concello, loitando contra o deterioro e mellorando a integración
paisaxística do alumeado.

A inversión total foi de 53.802,45 euros e o 70% desta contía (37.661,72 euros) foi aportada cunha subvención concedida pola Vicepresidencia Primeira e
Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *