A alcaldesa de Marín, María Ramallo.

O Concello convoca unha reunión para o mércores cos actores do sector turístico para presentar unha estratexia na que se englobarán os proxectos máis relevantes cos que impulsar un modelo de turismo slow e de proximidade

A actividade turística é un revulsivo económico, cultural e social que, agora máis
ca nunca, precisa dunha aposta pública para non só superar o impacto da
pandemia, senón para mellorar o modelo actual, facéndoo máis atractivo, máis
sostible e máis adaptado ás novas maneiras de viaxar e vivir.

Marín non será alleo a esta transformación, que se poderá articular cos fondos dos
Plans Turísticos de Sostibilidade en Destino (PSTD), aos que o Concello concurrirá,
presentando un Plan propio no que se englobe unha batería de actuacións cos
que posicionar a Marín como unha cidade con identidade turística.

Para identificar as principais ventás de oportunidade que ten a vila para crecer a
nivel turístico, o Goberno local aproveitou os meses de verán para manter
contacto estreito co sector privado e institucional e así detectar necesidades e ir
trazando as actuacións que, finalmente, formarán parte da estratexia, á que o
Concello asocia unha inversión necesaria de 2 millóns de euros.

Precisamente, a participación do sector na elaboración deste plan é un factor
clave para o Goberno local, que convocou unha Mesa de Participación para o
mércores 15 de setembro pola tarde na que a alcaldesa presentará as liñas mestras do Plan aos representantes do sector en Marín, para que poidan aportar
a súa visión e mostrar o seu apoio a esta estratexia, que terá un desenvolvemento
de varias anualidades, cun horizonte marcado no 2022-2024.

Marín: turismo slow, de proximidade e sostible

A situación estratéxica da nosa vila, en pleno corazón das Rías Baixas e cercana a
núcleos de poboación de maior envergadura, como Pontevedra, Vigo ou Santiago
de Compostela, permite que se poida posicionar como un destino de “escapada”
ou de proximidade.

Precisamente, toda a estratexia xirará en torno a potenciar ese tipo de turismo de
calidade, coñecido como o turismo slow en destino, que se contrapón ao modelo
de turismo de masas e que se centra no patrimonio, a cultura, o ocio sostible, os
espazos naturais e a gastronomía local.

Para iso, plantexarase a xeración de novos produtos e equipamentos turísticos,
pero sempre tendo en conta a idea de terreo sostible, incorporando sen todo
momento a dimensión ambiental en todas as accións do plan.

As actuacións que se incorporarán no plan articularanse en base a catro eixos:
transición verde e sostible, eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade. Ramallo adiantou que despois da reunión que se manterá co
sector, presentaranse as actuacións concretas do plan de xeito público a toda a
cidadanía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *