O Concello de Marín trata constantemente de renovar e ampliar o mobiliario e a sinalización urbana, tratando de manter o ornato esixible para unha cidade.

Desta vez foi a quenda dos paneis de libre expresión. Veñen de instalarse 6 novos paneis nos seguintes lugares:
● No cruce da Rúa Concepción Arenal coa Sagrada Familia
● Na Avenida de Ourense, frente ao cruce da Rúa José Trasande
● Na Praza do Regueiro, frente a Casa Pilán
● Na Avenida Gago de Mendoza, no cruce con Montecelo
● No Lavadoiro do Río de Casás
● Na Rúa Doutor Otero Ulloa, frente a gasolineira de Seixo
O obxectivo destes paneis, que se suman aos que xa existen na vila, é o de poder colocar toda clase de cartelaría, propaganda, anuncios ou reivindicacións que partan da masa social de Marín, tanto a nivel individual como para as asociacións, sempre e cando non haxa carácter ofensivo ou sexista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *