Praza de Ponteporto xa en obras.

A actuación, na que se investirán cerca de 240.000 euros, realizarase con cargo ao Remanente de Tesourería e resolverá a problemática de filtracións que se daba na zona

O Praza de Ponteporto comezou esta semana coas súas obras de mellora da
pavimentación e da impermeabilización, que se acometerán durante as próximas
semanas e que suporán a solución dunha problemática de humidades que era
urxente resolver.

Tal e como indicaron esta mañá fontes municipais, levase a cabo esta actuación
“despois de que en 2016 xa se realizaran estes mesmos traballos no nivel inferior
da praza”. Por tanto, este proxecto é case como unha nova fase do anterior e
permitir rematar cos problemas de filtracións de agua que se producen no
establecemento de alimentación ubicado baixo a praza cando chove, así como
con algúns problemas de humidades que se detectaron noutros locais comerciais
da zona.

Actuarase, por tanto, nunha superficie total de 1.056 metros cadrados, aos que se
suman 25 máis das escaleiras de acceso desde a Avenida de Ourense e da
escaleira central que comunica os dous niveis da praza.

A actuación consistirá na demolición do pavimento existente, así como das capas
de material impermeabilizante que xa están obsoletas. Aplicarase o novo material
e levará a cabo unha substitución do sistema actual de recollida de augas pluviais
para instalar tres tramos de sumidoiros lineais, que serán enlazados coas
baixantes.

Aproveitando o proxecto de mellora, renovarase parte do mobiliario urbano, coa
instalación de 7 novos bancos, e substituiranse as luminarias da praza por
bombiñas de tecnoloxía LED.

O orzamento total do proxecto ascende a 237.183,34 euros, que se investirán con
cargo ao Remanente de Tesourería.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *