Algunhas das pintadas en inferniño.

A Policía Local de Marín identificou e detivo a pasada semana a un do responsables implicados nas decenas de pintadas que apareceron na zona de Inferniño e cara a zona de Pontevedra, e que crearon danos ao mobiliario público, así como a varios portais particulares.

O suceso aconteceu a pasada semana en torno ás tres da mañá e segundo
puideron identificar os axentes de seguridade local, había implicados cerca de 12
rapaces. Teñen contabilizadas máis de 25 pintadas en paredes de distintos puntos
do tramo urbano antes referido.

O detido, tal e como rexe o protocolo, foi levado á comisaría da Policía Nacional,
corpo encargado da xestión deste tipo de infracións. Desde a Policía Local, que xa
denunciou o caso á entidade estatal, animan a que todos os veciños e veciñas que
se viran afectados polas pintadas, denuncien o seu caso ante a Policía Nacional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *