Visita da Alcaldesa e do edil á Casa da Cultura de Seixo.

A madeira do graderío exterior tamén vén a mellorar o mantemento da Alameda, xa que se atopaba en moi mal estado

A Casa de Cultura de Seixo, así como a súa Alameda, é un dos centros neurálxicos
da vida social da parroquia e un punto de encontro para a veciñanza, grazas ás
actividades que se realizan ao longo do ano nas instalacións, tanto no interior
como no exterior.

Por iso, desde o Concello procúrase mellorar esta infraestrutura cultural e social,
que agora conta cunha sala moito máis grande, tras a unión de dous espazos
anteriores que non eran versátiles para acoller actividades.

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Elisa Dopazo e Pablo
Novas, comprobou o resultado da intervención, que permite agora aumentar o
aforo das actividades e propoñer novas disciplinas por parte das asociacións, que
antes non se podían realizar porque os dous espazos anteriores eran moi
pequenos.

Por outra banda, tamén se levou a cabo unha actuación de renovación de toda a
madeira do graderío exterior da Alameda, que se atopaba en moi mal estado. De
feito, supoñía un perigo incluso a nivel de seguridade porque é un lugar moi
utilizado por nenos pequenos.

En total, entre as dúas actuacións, realizouse unha inversión cercana aos 15.000
euros. A alcaldesa quixo destacar “a importancia de poder ofrecer con calidade
aos veciños e veciñas infraestruturas como as Casas de Cultura, que se converten
nun revulsivo da actividade social e cultural dunha parroquia, como acontece no
caso de Seixo”.

Está previsto que a Casa de Cultura retome a súa actividade a principios do mes
de outubro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *