O condutor dunha moto resultou ferido grave despois de que un coche que trataba de realizar un cambio de sentido nun lugar prohibido acabase levándollo por diante.
Segundo informa a Policía Local, que acudiu ao lugar do accidente, na PO-551 a poucos metros da nova rotonda de baixada ao Porto, o ferido foi trasladado ao hospital, posiblemente, por unha rotura de clavícula, aínda que isto deberán determinalo os servizos médicos.
Ocorreu minutos antes das sete da mañá e ata o lugar achegáronse a Policía Local, Garda Civil e Emerxencias do 061.