O encontro do goberno local co representante de DOA.

O concello de Moaña, a través da súa alcaldesa, Leticia Santos, do seu tenente de alcaldesa, Marta Freire, e do concelleiro de Mocidade e Igualdade, Daniel Costas, presentan un programa de actividades preparado con motivo do Día Mundial da Saúde Mental que terá lugar o próximo 10 de outubro. Fixérono nunha reunión mantida co presidente da Asociación DOA Saúde Mental, Leopoldo Robla, no despacho da rexedora. O obxectivo é visibilizar e normalizar esta enfermidade na comarca do Morrazo da man de DOA mediante o traballo conxunto.

Dende o Concello de Moaña levan varios meses traballando con diferentes organizacións e asociacións vinculadas coa Saúde Mental. Un deses traballos é a participación no Acordo pola Mellora da Saúde Mental Infanto-Xuvenil impulsado pola Fundación Salma na que a concellaría de Igualdade e Mocidade estivo representando ao Concello de Moaña.

Actividades

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *