Os membros da cooperativa no complexo do Beque.

Trás a formalización do contrato co Concello de Moaña, a cooperativa A Talangreira, entidade dinamizadora do Complexo Hostaleiro-Deportivo do Beque de Moaña, informa ás persoas usuarias que a partir de hoxe, 26 de setembro, as instalacións permanecerán pechadas ao público por labores de posta a punto e acondicionamento, de cara a ofrecer «un servizo de calidade á cidadanía có obxectivo de abrir ao público na maior brevedade posible».

Mentres tanto, convidan a visitar as redes sociais e páxina web (www.atalangreira.com) para estar máis atentos a todo o que se irá cocendo de cara á próxima apertura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *