A cinta da Policía Local no lugar do accidente.

O rescate tivo que facelo a Garda Civil polo mar


Un vehículo caeu este mediodía por un terraplén no coñecido como viario de praias de Marín ainda que o coche non caeu ao mar. Segundo fontes oficiais, os seus dous ocupantes resultaron feridos e tiveron que ser rescatados polo mar cunha embarcación da Garda Civil. Posteriormente foron trasladados ata o Porto de Marín onde se lles derivou ata un centro hospitalario. Polo momento descoñécense as causas do accidente.

Ata o lugar desprazouse dúas patrullas da Policía Local, Bombeiros do Morrazo, unha ambulancia do 061 e a patrulleira da Garda Civil por mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *