A vivenda situada en Viñas Blancas é a gañadora do concurso de decoración de Nadal organizado polo Concello de Marín na categoría de vivendas unifamiliares. Un primeiro premio, dotado con 300 euros, para o seu propietario Manuel Montenegro. O segundo premio foi para a casa de David García Soage, na Moreira, con 200 euros, e o terceiro para Peregrina Juncal pola iluminación e acondicionamento do Nadal do seu fogar da barriada Virgen del Carmen.

En canto ás comunidades de veciños, o edificio Virgen del Puerto quedou en primeiro lugar, seguido do situado en Avenida da Cañota, 6, e do Edificio ENCE de Jaime Janer.

No apartado de comercio, o salón de peiteado Conchi Moreira levouse os 300 euros do primeiro premio, Carmencitas Moda Infantil o segundo con 200 euros e a lavandería El Clareo o terceiro con 100 euros.

A hostalería tamén quixo sumarse e, por segundo ano, Los 3 Monos situáronse en primeiro lugar cun premio de 300 euros. Cafetería Mask no segundo con 200 euros e a vinoteca Agustín en terceiro con 100 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *