Interior do futuro Auditorio de Marín.

Coa apertura do último sobre, valorouse a proposta da empresa Citanias para executar os traballos de construción da nova infraestrutura cultural

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, informou este mediodía da proposta de adxudicación realizada pola Mesa de Contratación para o proxecto de construción do Auditorio de Marín. A Mesa valorou a oferta da empresa Citanias, á que agora se lle requerirá a documentación correspondente.

Unha vez a firma empresarial acepte a proposta e presente a documentación, será o Pleno da Corporación o que aprobará a adxudicación definitiva. A partir de
entón, comezará a contar atrás para o inicio das obras que dotarán a Marín dun
Auditorio que marcará un antes e un despois nas posibilidades culturais do
municipio.

A proposta de adxudicación fíxose por un importe de 4.305.384,12 euros (IVE incluído). A obra está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, a través de Marín Dusi, cunha inxección de 2 millóns de euros. Outros dous millóns de euros serán aportados pola Xunta de Galicia, a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente. O restante será aportado polo Concello a través dun préstamo.

Na oferta presentada por Citanias, valoráronse, entre outras cousas, o coñecemento do espazo no que se levantará o edificio, a previsión dos accesos e da circulación de vehículos e peóns, as técnicas construtivas e as calidades propostas, así como as análises realizadas pola empresa licitadora desde o punto de vista medioambiental.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *