A cabalgata dos Reis Magos de Cangas terá partirá ás 17:45 horas da rúa Alexandre Cribeiro e discorrerá pola Avenida de Bueu, Orillamar e Avenida de Castelao, rematando enfronte do Concello onde as súas Maxestades realizarán unha recepción. Con motivo deste desfile, o tráfico permanecerá cortado nesta franxa horaria entre a rotonda dos Mexilons e o cruzamento de Méndez Núñez coa Avenida e Marín.

As persoas con mobilidade reducida ou necesidades especiais poden gozar do evento en dous sítios reservados exclusivamente e que están situados na Avenida de Bueu, fronte a parada de taxis e na zona de carga e descarga fronte á cafetería Punto de Sal, na Avenida de Castelao.

Desde o Concello de Cangas fai as seguintes recomendacións:

  • Acudir con tempo suficiente para aparcar. Teñan en conta os tramos cortados á circulación. As zonas de aparcamento están debidamente sinalizadas.
  • Buscar un sitio amplo e sen aglomeracións para desfrutar da cabalgata. O percorrido é grande polo que hai sitios de menos afluencia de persoas para ver a cabalgata con
  • seguridade.
  • Non subir ao mobiliario público (varandas, vallas, bancos…) xa que podemos esvarar e/ou caer.
  • Non invadir o espazo do percorrido das carrozas, mantéñanse na marxe da rúa por onde desfilan.
  • Vixiar @s cativ@s, soen despistarse con facilidade. No caso de extravío, manteña a calma e diríxase ao persoal da policía local ou protección civil.
  • Non deixe que @s cativ@s se acheguen ás carrozas para evitar caídas e mesmo atropelos.
  • En caso de emerxencia, siga as instrucións do persoal de Policía local, Protección Civil e organización.
  • Para calquera dúbida ou consulta, poden dirixirse ao departamento da Policía Local ( 986 303 031) ou tamén ao de Protección Civil ( 986 305 530).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *