O edil falecido, Benito González Dopazo.

O edil era traballador da empresa Ceferino Nogueira e resultou ferido grave con queimaduras no 85 por cento do seu corpo no incendio do pasado domingo en Ponte Sampaio

O edil do grupo municipal socialista de Marín, Benido González Dopazo, faleceu hoxe como consecuencia das queimaduras que tiña no 85 por cento do seu corpo tras tratar de apagar o lume que se desatou o pasado domingo na nave anexa a Pontesa pertencente a Ceferino Nogueira, onde traballaba. Aínda que foi trasladado ao hospital da Coruña pola gravidade das feridas, finalmente non puido superalo e o Concello anunciou hai apenas uns minutos a súa morte.

Dous días de loito oficial

Desde o Concello, suspéndese o Pleno ordinario previsto para este xoves e convócase un Pleno extraordinario para as 17.00 horas de hoxe para decretar dous días de loito oficial, hoxe e mañá.

Baixaranse as bandeiras a media asta e suspéndense todos os actos oficiais e institucionais previstos para estes días.

Haberá un libro de condolencias na entrada do Concello dispoñible desde hoxe pola tarde e durante estas dúas xornadas para todos aqueles que queiras dar un último adeus a Benito

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *