O conselleiro na reunión esta mañá cos representantes do sector en Vilaboa.

O conselleiro reuniuse hoxe con representantes do sector na localidade para abordar as principais preocupacións do sector nun momento complexo para estes profesionais

Representantes da Confraría de Pescadores de Vilaboa trasladaron hoxe ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a súa enorme preocupación pola alta mortaldade dos moluscos por mor da baixa salinidade da auga provocada polas choivas. Demandáronlle que leve a cabo os trámites para solicitar ao Goberno central que considere esta zona da ría como lugar de emerxencia. Villares confirmou que está a traballar nesta dirección e está a elaborar dous informes técnicos que axuden a sustentar esta reclamación.

O conselleiro tamén sinalou que de cara ao futuro e unha vez coñecido con detalle a situación de todos os areais procederase a traballar na planificación do resementado de acordo co sector e dos biólogos valorando as épocas do ano máis propicias e as especies ou variedades máis resistentes aos episodios de baixa salinidade como o de este ano.

A Xunta leva investidos neste concello 7,8 millóns de euros en actuacións nos ámbitos da
competitividade e innovación tecnolóxica, na ordenación e xestión dos recursos mariños,
no desenvolvemento pesqueiro e nas infraestruturas portuarias.

Nese mesmo período, a Consellería do Mar investiu na confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira preto de 2 M€, indo a maior parte dos recursos destinouse ao acondicionamento e rexeneración de bancos marisqueiros e á protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños. Ademais, no 2023 Portos de Galicia procedeu á redacción de novos proxectos que suporán un investimento futuro de 2 millóns de euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *