O moneco de neve e o tren de Nadal na parroquia de Figueirido.

César Poza convida á veciñanza da contorna a achegarse a comprobar o resultado de meses de traballo desde a sustentabilidade e a responsabilidade ambiental

Creatividade a raudales e moita ilusión e o que sobra nas parroquias de Figueirido e Paredes que estes días acenderon as súas composicións lumínicas de Nadal contaxiando o espíritu da boa convivencia veciñal a todas as persoas que xa se achegaron a comprobar o resultado de combinar materiais, en boa
parte de refugallo, coa imaxinación colectiva e o orgullo de vivir no rural.

Ambos casos, tanto a iluminación do parque do Canaval en Figueirido como o da Carretera Vella en Paredes, reflicten o traballo conxunto da veciñanza de cada parroquia que durante os últimos dous meses adicaron tempo, esforzo e imaxinación para crear un punto de encontro que se verá recompensado coa súa capacidade de atracción de veciñanza da contorna a gozar deste traballo.

O Concello de Vilaboa agradece esta implicación da veciñanza que contribúe decisivamente á dinamización das parroquias e a crear ambientación nas mesmas, que complementará coas guirnaldas tradicionais. “Nun municipio tan extenso como o noso pero cun orzamento tan limitado e que ademáis non ten un núcleo definido sería imposible crear unha ambientación así. Por eso a miña máis sinceira felicitación e recoñecemento a estes veciños e veciñas que nos fan a todos sentirnos orgullosos de ser de Vilaboa”, apunta César Poza. “Nin Madrid,nin París nin Nova Iorque poden presumir dunha ambientación de Nadal como a nosa; sobre todo destacamos que aquí impera a sustentabilidade, a responsabilidade ambiental, a boa convivencia e o satisfacción de ser de Vilaboa”, conclúe o alcalde.

O Concello convocou un Concurso de Nadal cun premio de 200 euros para todos os colectivos inscritos e confía en que nos vindeiros días algún barrio máis se sume a esta iniciativa. “É unha cantidade simbólica, de aí o noso dobre agradecemento e tamén a nosa invitación a toda a contorna a colaborar adquirindo algunha bebida ou chocolate quente nos postos que teñen abertos”, explica César Poza.

Paredes acendeu onte venres a súa iluminación, que se manterá prendida ata pasados Reis. Entre as novidades máis destacadas deste ano está un tiovivo totalmente artesanal impulsado por enerxía mecánica e a disposición de toda a cativada. Un iglú, árbores, trens con vagóns, unha noria e un columpio iluminado son algunhas das atraccións que se encontran nos 400 metros lineais que a asociación Camiño Vello de Paredes se afanou en decorar, incluíndo iluminación tamén na estrada. O Concello cedeulle a este colectivo unha das casetas de madeira utilizadas no Mercadiño de Nadal, que este ano se instará en Paredes, e que utilizarán para a venta de bebidas quentes e frías a prezos populares co fin de recadar para sufragar os máis de 3..000 euros investidos en materiais.

En Figueirido, a asociación de veciños transformou o Canaval nun parque temático navideño cun matiz solidario, xa que nos viais de acceso aos diferentes ambientes colocaron caixóns feitos a partir de palés de madeira para recoller donacións de xoguetes usados en bo estado. Trineos, trens, árbores, moitas luz, un castelo e ata un portal de Belén van dando forma a un percorrido harmonioso e que desde a súa
inauguración a semana pasada converteuse nun importante atractivo para visitantes da contorna.

A estes dous barrios sumarase o de Cabodachán que este ano está a preparar algo especial para o seu entorno. “Estamos á espera do seu acendido para converter o Nadal este ano no máis especial de todos”, coa axuda tamén das numerosas vivendas unifamiliares que xa acenderon os seus balcóns e xardíns cheos de cor, favorecendo que un paseo por Vilaboa sexa un estímulo para os sentidos e unha chamada para o espíritu de convivencia.

Unha boa excusa coa que César Poza convida a visitar Vilaboa e, de paso, descubrir a oferta hosteleira que oferta esta vila.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *