A deputada Leticia Gallego e Poza no peirao de San Adrián.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, solicita unha reunión con Portos para coñecer a situación actual do expediente e os prazos de comezo das obras

O goberno local de Vilaboa solicitou esta mañán unha reunión presencial co presidente de Portos de Galicia para abordar o calendario de traballo que a Xunta ten previsto para a reforma do porto de San Adrián de Cobres, unha vez que conta no seu poder co informe pendente de Costas do Estado.

Cabe recordar que o alcalde de Vilaboa solicitou celeridade o mes pasado a través do Servizo Provincial de Costas na tramitación deste informe de Estrategias Marinas para facilitar que as obras comprometidas pola Consellería se executasen á maior brevidade posible.

O informe en cuestión foi asinado o pasado 10 de novembro e remitido a Costas o 14 deste mesmo mes polo que César Poza pregunta ao presidente do ente autónomo, José Antonio Álvarez, pola situación na que se encontra agora o expediente de ampliación do porto San Adrián.

O Concello de Vilaboa amosa a súa total dispoñibilidade para colaborar coa administración autonómica a fin de acelerar o inicio das obras comprometidas co sector bateeiro de Vilaboa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *