Clausura do curso 'Conectadas' da Deputación en Gandón coa presencia da concelleira Dolores Hermelo.

Remata en Gandón, Cangas, o curso de relaxación e manexo do estrés do programa ‘Conectadas’ da Deputación de Pontevedra. Á entrega de diplomas acudiu a concelleira do PP de Cangas, Dolores Hermelo.

O curso constou de 35 horas dende setembro ata novembro, desas horas 5 son dedicadas ao módulo de igualdade. En Gandón o aforo estivo completo este ano cun todal de 22 veciños e veciñas.

«Foi moi enriquecedor e práctico ademáis de facer das tardes algo máis produtivo nestes meses de outono», manifestan dende a directiva da asociación de veciños.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *