O Concello de Marín vén de detectar os primeiros pellets na Coviña e Lapamán (xa que unha pequena parte está no termo municipal marinense). Os concelleiros Marián Sanmartín e Pablo Novas, xunto co persoal de Limpeza do Concello, fixeron esta mañá a nova ronda de supervisión e vixilancia, aparecendo restos do verquido de pellets de plástico nestes dous areais.
Desde o Concello, porase en marcha un protocolo de traballo e limpeza, así como o mantemento do repaso diario ás praias para poder detectar calquer novo rastro de pellets.
Alertouse ao 112, que á súa vez dá aviso ao Servizo de Gardacostas, e á Policía Local. A alcaldesa, María Ramallo, asegura que «traballaremos na coordinación da limpeza para actuar con rapidez».
![](https://morrazonoticias.com/wp-content/uploads/2024/01/WhatsApp-Image-2024-01-10-at-15.00.15-768x1024.jpeg)