Os concelleiros coa comisión da Festa do Torresmo esta mañana na presentación.

Torresmos, chourizos e pan de millo. Eses serán os manxares que se poderán degustar no lugar de Carballido, en Ardán, este domingo a partir das 12.00 horas. A VI Festa do Torresmo, organizada pola Asociación Landra Verde, encherá de gastronomía e de festa esta parroquia de Marín, tal como presentaron esta mañá xunto cos concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín.

O pregón deste ano, que será ás 13.00 horas, será a cargo do enxeñeiro forestal Gaspar Bernárdez, investigador e divulgador medioambiental da nosa vila, moi recoñecido polo seu traballo e autor dun libro sobre as plantas tradicionais e o seu uso medicinal na nosa vila.

Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, comezarán as actuacións co Grupo de Gaitas de Carballido, o Trío Rever e o DJ Rubén.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *