Interior do museo Manuel Torres de Marín.

A mostra, na que se nos convida a pasear polos bosques de España, inaugurarase o venres ás 13.30h e estará ata o 4 de febreiro

Só hai un planeta, e cada acción para coidalo conta. Unha desas accións é a que leva adiante Afudnación, Obra Social ABANCA, impulsando exposicións que removan conciencias e nos fagan apreciar a nosa natureza, como “Berces de vida”, unha mostra que chegará este venres ao Museo Torres de Marín.

A exposición, comisariada polo dúas veces gañador do Premio Nacional de Medio Ambiente, Joaquín Araújo, convídanos a pasear polos bosques de España ao tempo que espallamos a súa beleza e, sobre todo, a súa relevancia na sustentabilidade da vida, presente e futura.

En palabras de Joaquín Araújo: «O bosque é o lugar onde a luz se converte en vida. É unha fábrica de claridade que traballa incesantemente para que todas as persoas e animais respiremos. Os arboredos suman solos á tona do mundo, que antes era só rocha, e despois frean o deserto que quere arrebatarnos esa primeira riqueza que é a fertilidade natural. Alí tamén están as futuras e máis necesarias materias primas. O bosque esconde a solución para resolver todas as carencias actuais de alimentación, curación e enerxía. Esquecelo é esquecer que o tempo pasa e que o único antídoto é a renovación da vida, á que nada nin ninguén contribúe tanto nin tan eficazmente coma as árbores».

A mostra inaugurarase o venres ás 13.30h no Museo e estará ata o 4 de febreiro. Poderá visitarse de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e os sábados e domingos, de 11.00 a 14.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *