O municipio de Cangas ten hoxe 432 casos activos, segundo comunica o Sergas ao Concello, o dobre que a semana pasada, nunhas datas complicadas e a só dous días da Noitevella. Moaña rexistra 302, Bueu 160, Marín 395 e Vilaboa 95.
O Concello de Cangas celebra mañá unha reunión para analizar a situación e, en relación coas restricións decretadas pola Xunta, decidir se suspende ou modifica algunhas das actividades do Nadal recollidas na programación.