A praza Eirado do Sinal de Cangas permaneceu pechada esta mañá durante, polo menos, unha hora polo escape nunha tubaxe de Gas Natural. Os propios veciños que se atopaban na contorna e nas terrazas dos bares deron a voz de alarma polo cheiro que se desprendía ao redor das 12:00 horas.
Ata o lugar trasladáronse os Bombeiros do Morrazo, Policía Local e Emerxencias de Cangas que se encargou de desaloxar a zona e acordoala para que ninguén puidese acceder ata que non estivese solucionado o problema.
Un técnico de Gas Natural trasladouse ata a praza e comprobou que se trataba dun escape «mínimo» na rede de sumidoiros e procedeu á súa reparación.