As biotrituradoras.

As persoas interesadas poderán solicitar o servizo das biotrituradoras dende xa presentando a solicitude debibamente cuberta xunto cunha copia do recibo do lixo no Rexistro Xeral ou da Sede Electrónica do consistorio no que residan, Cangas, Moaña e Bueu.

No caso de Cangas, as biotrituradoras estarán dispoñibles nas dependencias do Concello onde poderán ser recollidas pola veciñanza interesada en triturar os restos vexetais do propio fogar e usalos como estructurante para a compostaxe de residuos orgánicos, ou incluso como material de alcolchado para horta e xardín. Fomentando ademáis a correcta xestión dos residuos de orixe vexetal xerados no ámbito municipal e contribuíndo a disminución do número de queimas e consecuentemente a reducción dos riscos de incendio e contaminación ambiental.

As biotrituradoras foron suministradas grazas a subvención concedida a Mancomunidade de Concellos do Morrazo pola Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A ordenanza de préstamo e o formulario de solicitude están dispoñibles tanto na páxina web do Concello de Cangas coma nas propias dependencias municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *