A árbore sobre a beirarrúa en Espíritu Santo.

Entre a ducia de incidencias provocadas pola caída de árbores e de tendido eléctrico atópase a retirada dun exemplar no IES Monte Carrasco que se atopaba a piques de vir abaixo

Non foi unha mañá fácil para os equipos de emerxencias e, especialmente, para Protección Civil de Cangas, que tivo que facer fronte a unha ducia de incidencias ao longo de todo o municipio entre caída de cables, árbores e ramas. Aínda que en ningún caso houbo que lamentar consecuencias graves nin materiais nin persoais, o alcance do vento e da choiva foi máis grave na rúa Espírito Santo, onde caeu unha árbore ocupando a beirarrúa e parte da calzada. Afortunadamente non pasaba ninguén polo lugar nese momento. Ocorreu pouco antes das 12 do mediodía.

Outra das actuacións importantes e rápidas que evitaron un mal maior foi a retirada doutra árbore na zona de aparcamento do IES Monte Carrasco e que estaba a piques de caerse sobre os vehículos ou os peóns que estivesen pola zona.

A todo isto sumouse a retirada de ramas e do tendido eléctrico na estrada de Herbello, a baixada a Menduiña, no camiño situado detrás do Bricocentro (Agualevada), na estrada de Donón, en Counchido ou na zona de Liméns. Protección Civil encargouse da retirada e corte das árbores e, no caso do cableado, contou coa axuda dos servizos eléctricos, encargados de asegurar toda a instalación desprendida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *