La alcaldesa de Cangas en una conversación con la secretaria del Concello.

Os populares afirman que é un exemplo máis da falta de xestión crónica que vive o municipio dende fai anos, “e lamentablemente non é algo que teña indicios de mudar co tripartito” sinalan

O Partido Popular de Cangas denuncia que ao longo do ano 2023 o Concello de Cangas non solicitou varias subvencións en diferentes ámbitos. “É lamentable que pola falta de traballo e compromiso dos sucesivos equipos de goberno a nosa vila perda a posibilidade de recibir fondos doutras administracións para desenvolver proxectos no noso pobo” critican. Dende o
grupo municipal sinalan que unha das subvencións non solicitadas son as habilitadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dirixidas ás entidades locais e de acción voluntaria para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado xuvenil así como proxectos de voluntariado interxeracional.

“Xa o denunciamos no mandato pasado na que se nos trasladou a imposibilidade de solicitalas por cambios técnicos nas convocatorias. A realidade é que Cangas, a diferencia doutros concellos, leva sen recibir financiación neste ámbito dende o 2016 porque non as soliticita” explican. “Non existe unha verdadeira programación de accións voluntarias limitandose a actividade da Oficina Municipal de Voluntariado fundamentalmente a colaborar na organización dos mesmos eventos lúdicos-festivos cada ano” engaden. “Botamos de menos unha aposta máis decidida por proxectos que teñan impacto en áreas como a medio ambiental, patrimonio ou na educativa e formativa” continúan.

No tocante ás políticas verdes tamén critican que, a diferencia do concello veciño de Moaña, Cangas non solicitara a concesión da Bandeira Verde. Unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia dende o 2020 na que se recoñece a labor e compromiso dos municipios respecto ao medio ambiente e conservación da paisaxe. A obtención deste recoñecemento constitúe un mérito aos efectos da obtención de achegas autonómicas para proxectos neste
ámbito. “Se non fora dabondo co grave problema das verteduras que temos no noso municipio, esta falta de xestión volve a demostrar o nulo compromiso dos gobernantes de Cangas para co noso patrimonio natural e paisaxístico” denuncian.

Q de Calidade Turística

“Somos coñecedores da relación conflictiva que teñen as formacións do goberno co sector turístico pero iso non quita que se traballe a prol duns servizos de maior calidade” reflexionan. O Concello de Cangas tampouco solicitou as axudas autonómicas para financiar os procesos de certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística para servizos
turísticos. “Trátase dun recoñecemento que chegou a ter as oficinas de información turística municipais” comentan. “Entendemos que aos gobernantes do noso municipio non lles guste superar periodicamente auditorias externas nas que se poña de relieve as deficiencias e incumprimentos en diferentes servizos municipais” declaran, “en liña co que acontece coas Bandeiras Azuis”.

“Ao final, un galardón ou outro, buscan supervisar que se realiza un bo traballo nestes ámbitos, respetando as exixencias que establece a lexislación vixente e apostando pola mellora continua e excelencia nos servizos que se prestan” destacan.

Cartos perdidos

“Falan de que non hai cartos porque non teñen orzamentos, pois aí teñen fondos que non dispoñen os cangueses pola súa falta de traballo” remarcan. “Se foran quen de dialogar e de levar a cabo iniciativas en consenso co resto da corporación, igual terían máis recursos, pero claro, cando o esforzo se vai en pagarse soldiños e entenderse entre eles, non queda folgos para traballar en favor da veciñanza” ironizan.” O que teñen que facer e poñerse a traballar e
deixar a actitude victimista na que levan enclavados dende que chegaron ao goberno. Para iso se lles paga” enfatizan. “Ao final todo se resume na nula xestión e capacidade de traballo dos gobernantes de Cangas e a súa carecia de un proxecto claro e solvente para a nosa vila” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *