O poste cruzado na rúa.

A Policía Local e os Bombeiros do Morrazo foron alertados esta madrugada da caída dun poste de telefonía na baixada ao cámping de Tirán. O poste cruzaba todo o vial e cortaba completamente o paso aos vehículos. Os Bombeiros foron os encargados de cortalo e retiralo da rúa para que novamente puidese ser utilizada polos coches e non supuxese risco algún.

Non houbo que lamentar danos persoais.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí