Adicam coa membros da Unidade e o xerente da Área Sanitaria de Vigo no hospital Meixoeiro.

Con motivo do Día Mundial do Cáncer de Mama que se celebra hoxe, a Área Sanitaria de Vigo xunto coas Asociacións ADICAM e AECC desenvolveu varias accións informativas para sumarse así a esta celebración.

O xerente da Área, Javier Puente, achegouse ao hospital do Meixoeiro onde felicitou ás Asociacións e ao persoal da Unidade de Patoloxía Mamaria pola súa dedicación e compromiso con esta enfermidade.

612 intervencións cirúrxicas

Os profesionais da Unidade diagnosticaron en 2021 un total de 423 casos novos de cancro de mama, un 9% máis que no ano anterior. Destes casos, sete foron homes.

Como novidade, cabe subliñar a incorporación dun novo especialista en cirurxía de mama, polo que momento actual a Unidade conta con 6 cirurxiáns, que realizaron un cento de operacións máis que o pasado ano, rexistrando un total de 612 intervencións cirúrxicas de mama.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *