A praia da Banda do Río de Bueu xa ten izada a Bandeira Azul, ao igual que as de Lapamán, Portomaior, Lagos e Area de Bon. Esta mañana realizouse un acto simbólico no areal urbano que, por primeira vez, logra o galardón. O rexedor, Félix Juncal, lembrou que “isto supón un tributo a todas as persoas do barrio que nos trasladaron ao longo destes anos a necesidade que tiñamos de recuperar este areal, por tratarse dun motor importante a nivel social, cultural e económico”.
Así, iso foi posible grazas a un traballo planificado, pero non exento de dificultades, no que houbo que investigar e corrixir moitos verquidos de augas residuais, situación que se mellorou ano tras ano e que permitiu que na pasada tempada este areal
se incluíse xa no censo oficial das praias por parte da Consellería de Sanidade debido á calidade excelente da súa auga, e tamén se implementou o servizo de socorrismo Estas dúas iniciativas, e outras moitas, permitiron completar o camiño ata a Bandeira Azul.
O Concello de Bueu mantén este ano, ademais das praias, os distintivos azuis de
ADEAC na Aula da Natureza de Cabo Udra, o Centro de Interpretación de Agrelo e oSendeiro de Udra.