Alcalde e concelleiros visitando as obras de semaforización das rúas.

O “caos” circulatorio dos últimos días na contorna dos novos semáforos das rúas Johán Carballeira con Pazos Fontenla son, para a edil do PP de Bueu, Isolina Villanueva, “a crónica dun desastre anunciado”, á vista de que “todos os condutores, desde o primeiro ata o último, eran conscientes de que esa non era a mellor solución para a zona, sobre todo tendo en conta que Bueu xa tivo semáforos no centro urbano e termináronse retirando”.

Esta falta de memoria foi un feito criticado pola concelleira, quen indicou que “carece de todo sentido que se un goberno xa sabe que un modelo non funciona, este sígase implantando igual que sempre”, no canto de probar novas formas de regular e acougar ou tráfico nese espazo.

Ademais, a concelleira sinalou que “uno de los principales problemas de los semáforos es que, actualmente, ni siquiera están bien regulados”, o que produce retencións e bastante malestar entre os condutores. Así, Villanueva solicitou que se realice unha análise do tráfico na zona e que se proceda a realizar unha regulación exhaustiva dos semáforos, de xeito que “se combine la tan necesaria seguridad de conductores y viandantes con la agilidad que necesita un punto neurálgico del centro de Bueu”. Villanueva reclamou tamén que o Concello lle solicite á Xunta de Galicia a creación dun refuxio para os coches que entran e saen do aparcadoiro subterráneo.

A popular, tal e como xa fixeran outros concelleiros anteriormente, reivindicou tamén a necesidade de que “desde el gobierno local se realice un plan de tráfico para el verano”. “O noso concello experimentou un aumento de turistas moi significativo nos últimos anos, pero as rúas seguen sendo iguais, polo que se debe abordar o máis axiña posible un plan que evite as grandes retencións que vemos durante lestes dous meses día si e día tamén”, declarou, cuestionando que “debido ao número insuficiente de policías locais que Bueu arrastra desde hai anos polo pasotismo do goberno local, estes non poden regular o tráfico como sería desexable”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *