O persoal municipal arranxando as fechaduras.

As fechaduras das dúas portas de acceso á Escola Infantil A Galiña Azul de Moaña amenceron bloqueadas. Cando chegaron ao centro as profesoras atopáronse con esta situación, que obrigou ao persoal e aos pais e alumnos a permanecer no exterior ata pasadas as dez da mañá.

Segundo informan desde o centro, cando se detectou o problema ao redor das 8 da mañá avisaron á Policía Local, que rápidamente trasladou a situación ao goberno local para que acudise persoal municipal a arranxar as fechaduras. A súa chegada, a iso das 8:15, comprobaron que algunhas tiñan silicona e que outra, mesmo, un parafuso. Non puideron desbloquealas ata case dúas horas máis tarde.

Están convencidos de que se trata dun acto de protesta provocado por algún piquete con motivo da folga de escolas infantís autonómicas ao considerar que os servizos mínimos son abusivos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *