Tarefas de mantemento nas praias de Marín.

Os areais de Marín están a ser obxecto dunha importante batida de limpeza e
mantemento, que é preciso levar a cabo despois da presión de usuarios que
reciben durante a época do verán. Estes traballos estanse a levar a cabo por parte
dos operarios da Fundación Juan XXIII.

Con este tipo de accións conséguense dous obxectivos. Por unha banda, manter
en bo estado todos os servizos que se ofrecen nos areais e, por outra, incentivar a
inserción laboral de persoas con discapacidade como as que forman parte da
fundación.

Por outro lado, desde o Concello lembran que, cumprindo coa normativa, ata o
día 30 de setembro non poderán baixarse cans ás praias entre as 12.00 e as 20.00 horas. A partir do 1 de outubro, xa será posible acceder con eles a calquera hora.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *