A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e os representantes do Padroado de Mareantes de San Miguel, Lois González Dopazo, Isabel Epifanio e Julio Pardellas, esta mañá na presentación da festa.

Para poder cumprir coas normas sanitarias, o acto institucional celebrarase no Parque Eguren, onde tamén se bailará a danza

A Festa do San Miguel volverá este ano para gozar dun evento de interese
turístico de Galicia, no que a Danza das Espadas ten un espazo protagonista. A
concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, acompañou aos representantes do
Padroado de Mareantes de San Miguel, Lois González Dopazo, Isabel Epifanio e
Julio Pardellas, esta mañá na presentación da festa.

Aínda que a festividade é o día 29 de setembro, a súa conmemoración posporase
ao domingo, 3 de outubro, para que a veciñanza poida desfrutar da actuación e
acudir á misa solemne.

A novidade que se presenta este ano, derivada da situación sanitaria, será a
ubicación do acto institucional, que se celebrará, como o resto de citas do día, no
Parque Eguren, xa que o Salón de Plenos ten o seu aforo limitado a apenas 25
persoas.

Deste xeito, ás 11.45 horas, será a recepción de autoridades para ás 12.00 comezar o acto institucional de entrega das distincións ás persoas homenaxeadas e as medallas e espadas aos rapaces. Neste acto, ademais, nomearase cofrade de honra ao novo director da Escola Naval Militar, Pedro Cardona.

A partir das 13.00 horas, será a Misa Solemne no Templo Novo, para depois iniciar
o baile da danza, que se fará tamén no Parque Eguren. Finalmente, a ofrenda
floral realizarase ao rematar a danza, na Praza do Reloxo.

Concerto pola tarde do Coro de Cámara Rías Baixas

Pola tarde, Coro de Cámara Rías Baixas ofrecerá un concerto ás 19.00 horas, tamén no Parque Eguren. A obra que se cantará está composta por un compositor tamén desta zona, que acompañará ao piano, e que supón unha adaptación de cantigas do Pergamino Vindel.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *