Adicam presenta a XI edición do Certame de Arte de Adicam que este ano se realiza baixo o título «Mulleres». Unha convocatoria na que participa o pintor e debuxante bueués José Enrique Vidal Satos pola súa traxectoria artística na comarca. Os interesados maiores de 16 anos teñen ata o 30 de setembro para presentar as súas propostas, que deben cumprir unhas bases nas que destacan clausulas como que non poderán obter o premio aquelas persoas que gañasen nos últimos dous anos, que cada artista poderá presentar como máximo tres traballos orixinais que non resultasen premiadas noutro concurso.
Unha vez seleccionadas, as pezas pasarán a ser propiedade da secretaría técnica do certame e formarán parte da exposición que Adicam realizará na súa propia sede de Cangas entre o 4 de novembro e o 2 de decembro.
O primeiro premio estará dotado con 300 euros, o segundo con 200 e o terceiro con 100.
Desde Adicam animan a toda a xente que goce coa arte da pintura e o debuxo e recollan as súas bases en calquera das sedes de Adicam.