A ambulancia que trasladou ao veciño de Domaio ata o peirao.

O desmaio dun home en Moaña por causas que de momento se descoñecen puxo en marcha un amplo despregamento de emerxencias que chamou a atención dos veciños do centro urbano. Segundo informa a Policía Local, o home, un repartidor dun supermercado do municipio, atopábase na Canexa, xunto ao Ceip Quintela, entregando uns produtos cando sentiu indisposto e caeuse.

Ata o lugar trasladouse unha ambulancia do 061 que foi a encargada de levalo ata o peirao da Mosqueira escoltada pola Garda Civil onde esperáballe o helicóptero do 061.

O home, de mediana idade, é veciño de Domaio e foi trasladado en helicóptero ata o hospital Álvaro Cunqueiro.

O helicóptero do 061 aterrando no peirao da Mosqueira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *