Os menores unha actividade do campamento de 2019.

Coa chegada das vacacións, o Concello de Moaña e a Asociación Sociocultural Trebellos poñen en marcha unha nova edición dos Campamentos de Nadal que se celebrarán no CEIP Reibón entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro para nenos e nenas de primeiro a sexto de Primaria.

A xornada será de 9 a 14:00 horas con posibilidade de servizo Bos Días desde as 8:00 horas e recollida ata as 15:00 horas.

O prazo de inscrición ábrese hoxe ata o 21 de decembro en horario de mañá nos Servizos Sociais do Concello de 9:00 a 11:00 horas e de 16:00 a 18:00 na Ludoteca Municipal.

A actividade será gratuíta ata completar as 50 prazas por rigorosa orde de inscrición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *